Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Duplo enfrontamento Fillos – Estrela coa Liga en xogo

Grande parte da temporada xógase este sábado no Campo de fútbol do Redondo
(Montrove, Oleiros), onde os Fillos de Breogán recibirán, a partir das 19:15 aos composteláns de Estrela Vermelha.

Primeiros contra segundos, e separados por só 2 puntos, do encontro poderá saír o vindeiro campión da Liga Galega de Fútbol Gaélico, con permiso dos terceiros en liza, os Irmandinhos da Estrada.

No partido de ida, os breoganeiros foran campaces de imporse aos estreleiros por só 2 puntos de marxe, polo que se augura un partido máis que igualado que nunca decepciona: o equipo compostelán adoita ser moi competitivo e non perderlle nunca a cara aos partidos, aproveitando a velocidade e eficacia da súa dianteira.

Pola súa banda, os Fillos afrontarán o partido como unha final, pois de vencer terían moito camiño andado para se facer co título ligueiro. Lembremos que, con esta, quedan 3 xornadas para o remate da competición.

Fillas volta á competición

Logo do descanso entroideiro e de vencer os seus dous últimos encontros por incomparencia das rivais, as Fillas de Breogán regresan á competición estreando a segunda volta no liderado.

En fronte, as de Estrela Vermelha, que a pesar de estar no último posto da táboa clasificatoria da primeira feminina, salientan pola súa resistencia e por non daren nunca o partido por perdido.

O encontro será a partir das 20:30 horas tamén no Campo de fútbol do Redondo
(Montrove, Oleiros)

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply