Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Uns grandes Ártabros puxéronlles as cousas moi difíciles aos Fillos

O derbi das Mariñas foi, mais unha vez, para os Fillos de Breogán que se impuxeron no Campo da Torre por 30 a 16 aos Ártabros de Oleiros. O grande partido dos Ártabros de comezo a fin non foi suficiente para derrotar a uns Fillos que notaron en demasía a falta de Juan e de Fariñas, dúas das pezas chave dos breoganeiros.

O partido foi moi desputado de comezo a fin, cuns Ártabros ben armados na defensa e na media que souberon aproveitar a velocidade de Costa e a falta de presión nos saques en curto. De feito, mediada a primeira parte, os Ártabros mandaban no marcador por un punto.

Co tanteo en contra, o once breoganeiro tirou de oficio para impor o seu xogo na media e a velocidade dos seus medios dianteiros, aproveitando o baixón físico dos corvos nos últimos minutos para pór 6 puntos de distancia no marcador.

O dominio dos Fillos continuou ao comezo da segunda parte, asentado na fortaleza física da media. A pesar de que a fenda do marcador comezaba a ser grande, e máis que puido ser se non fose pola actuación de Prosi, o porteiro Ártabro, dous goles de Costa e de Brais volveron meter os corvos no partido que resistiron até que as forzas aguantaron e fondo físico dos Fillos se impuxo.

Con esta vitoria, os Fillos continúan primeiros na Liga Galega de Fútbol Gaélico á espera do enfrontamento con Estela Vermelha onde se xogarán grande parte da temporada.

Pola súa banda, os Ártabros collen folgos e sensacións para a súa vindeira viaxe a Pontevedra.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply