Deprecated: __autoload() is deprecated, use spl_autoload_register() instead in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/compat.php on line 502 Deprecated: Function create_function() is deprecated in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/pomo/translations.php on line 208 Fillos de Breogán » O alcalde de Dublín, orgulloso propietario dunha camisola dos Fillos de Breogán grazas a Xulio Ferreiro

Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

O alcalde de Dublín, orgulloso propietario dunha camisola dos Fillos de Breogán grazas a Xulio Ferreiro

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, entregoulle ao seu homólogo dublinés, Brendan Carr, unha camisola dos Fillos de Breogán co seu nome na viaxe que o rexedor coruñés está a desenovler na capital irlandesa co fin de estabelecer lazos entre ambas cidades.

Os Fillos de Breogán queremos agradecerlle ao Concello da Coruña e en especial ao seu alcalde, Xulio Ferreiro, o labor de promoción do noso equipo alén das nosas fronteiras e que pensase en nós á hora de agasallar ao alcalde dublinés e convidámolo a vestirse de curto e vir probar o gaélico!

Leave a Reply