Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Unha grande primeira parte non foi suficiente para os Ártabros

Nunca un tópico deportivo ficou tan ben representado como o que aconteceu o pasado sábado na Cidade Deportiva da Torre: o contundente marcador non reflicte o que sucedeu no terreo de xogo, Ártabros 1-3 (6), Estrela Vermelha 12-20 (56).

Os corvos das Mariñas notaron e moito as novas incorporacións, Costa e Yago, que deron velocidade no ataque e serviron para apuntalar a media. De feito, os primeiros 20 minutos de partido foron os mellores no que vai de Liga dos Ártabros de Oleiros, onde a fortaleza defensiva se correspondía con maior velocidade e verticalidade en ataque, aproveitando a rapidez de Costa.

Así é todo, en fronte estaban os vixentes campións da Liga Galega de Fútbol Gaélico e eternos aspirantes ao título, que souberon cociñar o partido a lume lento e aproveitar o desgaste dos corvos das Mariñas, algo que chegou nos últimos minutos do primeiro acto, ao que se chegou cun 4 – 21 moi alto para o que se veu no terreo de xogo.

Na segunda parte, Estela Vermelha soubo xogar co marcador e aproveitar a desorde táctica que comezou imperar nas ringleiras artabreiras, con contras veloces e certeiras, até colocaren o definitivo 6 – 56 do marcador.

O Entroido obriga a parar a competición unha semana. A volta será o vindeiro sábado 4 de febreiro, co aprazado derbi das Mariñas entre os Fillos de Breogán e os Ártabros de Oleiros.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply