Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Os Fillos deixan a súa imbatibilidade e o liderado na Estrada

Os Fillos de Breogán deixaron a súa imbatibilidade na súa viaxe á Estrada para desputaren o clásico do fútbol gaélico galego. O resultado deste vibrante encontro foi Irmandinhos 3-16 (25) Fillos de Breogán 2-12 (18).

A pesar de amosaren un xogo superior, ben definido, os breoganeiros foron incapaces de facerse cun encontro que os estradenses levaron ao seu terreo e souberon controlar grazas á súa efectividade nos tiros a paus e nos tiros de falta.

A pesar de que os Irmandinhos dominaron o marcador durante os 60 minutos, non foi até o tramo final da segunda parte cando este rachou a favor dos estradenses, tras aproveitar os ocos en defensa que ofreceron uns Fillos lanzados ao ataque para remontaren o partido.

Para alén de deixaren os tres puntos na Estrada, os Fillos tamén cederon o liderado aos Irmandinhos grazas ao gol average entre ambos os equipos e grazas tamén a que os Fillos contan cun partido menos.

O vindeiro cita dos breoganeiros será, precisamente, na desputa do aprazado Derbi das Mariñas fronte aos Ártabros de Oleiros.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply