Deprecated: __autoload() is deprecated, use spl_autoload_register() instead in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/compat.php on line 502 Deprecated: Function create_function() is deprecated in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/pomo/translations.php on line 208 Fillos de Breogán » Fillas, campioas de inverno

Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Fillas, campioas de inverno

As Fillas de Breogán sumaron dous novos puntos á táboa clasificatoria sen suaren a camisola, debido á incomparecencia das súas rivais, as Mecas FG do Grove.

Con esta vitoria e co empate das súas perseguidoras, Pontevedra FG e Herdeiras de Dhais, as Fillas de Breogán proclámanse matematicamente campioas da primeira parte da temporada cun partido menos a falta de se xogar o encontro aprazado hai dúas semanas por mor do temporal

A partir de agora, as Liga Galega de Fútbol Gaélico divídese en dúas divisións. Na primeira estarán as breoganeiras, xunto a Pontevedra FG, Herdeiras de Dhais, Irmandinhas da Estrada e Estrela Vermelha, que se enfrontarán entre elas para se disputaren o campionato final.

 

Leave a Reply