Deprecated: __autoload() is deprecated, use spl_autoload_register() instead in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/compat.php on line 502 Deprecated: Function create_function() is deprecated in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/pomo/translations.php on line 208 Fillos de Breogán » Moito máis que dous puntos en xogo: Fillos – Irmandinhos

Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Moito máis que dous puntos en xogo: Fillos – Irmandinhos

Os Fillos de Breogán teñen esta fin de semana unha cita con moito máis que dous puntos en xogo, o clásico da Liga Galega de Fútbol Gaélico entre os breoganeiros e Irmandinhos da Estrada.

Ao encontro chegan dous equipos con xeiras opostas: mentres os Irmandinhos acumulan dúas derrotas nos tres últimos partidos, que o afastan das aspiracións polo título, os Fillos de Breogán contan as súas 5 aparicións nesta liga por vitoria, situándose a fronte da clasificación con 10 puntos.

Por tanto, o partido prevese duro e desputado tendo en conta que de os breoganeiros sumaren os dous puntos, para alén de reteren o gol average, meterían terra de por medio cos Irmandinhos.

O clásico do fútbol gaélico será o vindeiro sábado 18 de febreiro a partir das 21:00 horas no Campo Manuel Regueiro da Estrada.

Leave a Reply