Caras novas nos Ártabros para recibiren a Estrela Vermelha
Os Ártabros de Oleiros volven á competición esta fin de semana con caras novas no plantel que procurarán darlle un novo aire aos corvos das Mariñas na segunda parte da liga.
Con todo, o partido non será doado: os Ártabros terán en fronte no céspede da Torre a un dos máximos aspirantes ao título final e gañador das dúas últimas competicións, Estrela Vermelha.
Os composteláns virán á Coruña co presión de non poder permitirse un erro máis logo da derrota sufrida a pasada xornada na casa fronte aos lalinenses de Herdeiros de Dhais. Os Ártabros tentarán facer que o partido sexa o máis incómodo posíbel para os santiagueses e, por que non, soñar con sumar os dous primeiros puntos na competición.
A cita será o vindeiro sábado 18 de febreiro ás 14:00 horas, como preludio ao partido das Fillas de Breogán.