Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

A Liga, 2 puntos máis preto para os Fillos de Breogán

A Liga Galega de Fútbol Gaélico está moito máis preto para os Fillos de Breogán logo da grande e sufrida vitoria por 5-7 (22) 3-10 (19) 

O partido que se viviu onte no Campo das Mariñas de Sada foi dunha igualdade máxima: desde o comezo quedou claro que tanto os breoganeiros como os estradenses ían vender cara a súa derrota.

O 11 branquiazul saíu máis conectado nos primeiros instantes e ao pouco do comezo xa marcaron distancias grazas a que Víctor aproveitou un erro de saque do exbreoganeiro Mancu. Con todo, os Irmandinhos foron medrando en acerto co paso dos minutos e conseguiron achegarse aos Fillos até colocaren as táboas ao remate da primeira media hora de partido.

Tras o descanso, ao que se chegou cun 2-3 (9) / 2-3 (9), os estradenses fixéronse fortes e medraron a intensidade das súas accións, tanto en ataque e, sobre todo, en defensa. Isto valeulles para sacar do partido aos Fillos de Breogán e deixalos a 2 puntos de distancia tras unha grande xogada de Corba que semellaba definitiva.

Con todo, un tiro a paus de Caolan cando xa semellaba que non quedaba tempo para máis deulles os azos necesarios aos Fillos para non rendérense e continuaren loitando até o final, aproveitando que os estradenses confiaron as súas opcións en botárense atrás. Deste xeito, xa no tempo engadido, un gol de Fariñas serviu para darlle a volta ao marcador xusto cando máis doe para calquera equipo.

A vitoria dos Fillos de Breogán soubo moito mellor se temos en conta a inesperada derrota de Estrela Vermellha fronte aos Herdeiros de Dhais. Os breoganeiros encabezan a clasificación con 5 vitorias en 5 partidos, sacándolle 2 puntos a Irmandinhos e a Estrela Vermelha, ambos cun partido máis.

Pola súa banda, as Fillas de Breogán anótanse 2 puntos máis no marcador tras a incoparecencia das Irmandinhas da Estrada.

Agradecementos ao Concello de Sada

Os que formamos os Fillos e Fillas de Breogán queremos agradecer ao Concello de Sada e ao seu persoal a súa colaboración e total disposición que amosaron desde o primeiro momento para que o partido se puidese desputar no Campo Municipal das Mariñas.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply