Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

A Liga Galega de Fútbol Gaélico pasa esta semana por Sada

Grande parte das aspiracións ligueiras dos Fillos de Breogán pasan este domingo 12 polo clásico do fútbol gaélico galego, os Fillos de Breogán fronte aos Irmandinhos da Estrada, un encontro que se desputará ás 21:00 horas no Campo de Fútbol As Mariñas en Sada.

A vila mariñá acollerá por vez primeira un encontro oficial de fútbol gaélico e non podería ser mellor a estrea. Os Fillos de Breogán tratarán de seguir invictos na competición e farano fronte aos actuais líderes, iso si, cun partido máis.

Os Irmandinhos tratarán de contrarrestar a derrota sufrida ante Estrela Vermelha e igualar ao máximo os primeiros postos da primeira división da Liga Galega de Fútbol Gaélico ao peche da primeira volta.

As Fillas, a pola súa sexta vitoria

Unha hora e media antes, ás 19:30, e tamén no mesmo escenario, as Fillas de Breogán recibirán a unhas estradenses que a pesar de non se amosaren tan firmes como en campañas anteriores, non porán as cousas doadas ás pupilas de Iago Pedreira.

O partido será esencial para que as Fillas non perdan a condición de invitas e sigan á fronte da clasificación ante unhas Pontevedra e Herdeiras de Dhais que non dan respiro.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply