Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Este sábado, unha nova edición do Derbi das Mariñas

O Campo da Torre vivirá este sábado, a partir das 14:00 horas, unha nova edición do Derbi das Mariñas na máxima competición da Liga Galega de Fútbol Gaélico entre os equipos masculinos dos Fillos de Breogán e os Ártabros de Oleiros, nun partido que se prevé a priori máis igualado do que a clasificación amosa.

Os Fillos chegan ao encontro líderes en solitario após a derrota dos estradenses de Irmandinhos fronte a Estrela Vermelha a pasada xornada mentres os Ártabros son colistas. Con todo, a intensidade con que os corvos afrontan sempre os derbis levará a que os Fillos non poidan relaxarse se queren pór dous novos puntos no seu marcador.

O partido será a antesala do duplo enfrontamento dos Fillos de Breogán fronte aos Irmandinhos onde se xogarán grande parte da Liga e do que poderá saír o vencedor final.

Fillas – Keltoi e Ártabras – Mecas

Pola súa banda, as Fillas recibirán o mesmo sábado na Torre, a partir das 15:15, ás viguesas de Keltoi, un equipo que se estrea este ano na Liga Galega feminina e que, a pesar de pechar a clasificación, está a amosar unha franca progresión nos últimos encontros.

Por último, as Ártabras viaxarán ao Grove para procuraren a súa primeira vitoria fóra fronte unhas rivais directas, as Mecas.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply