Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Os Herdeiros de Dhais lévanse dúas vitorias da súa visita aos Ártabr@s

Non puido ser: os Herdeir@s de Dhais leváronse a Lalín dúas vitorias na súa visita aos e ás Ártabras de Oleiros nos dous partidos que tiveron lugar este medio día na Cidade Deportiva da Torre.

Os primeiros en abriren a xornada foron os equipos masculinos. Os Ártabros, cun só cambio, plantáronlle algo de cara a uns Herdeiros de Dhais co banco completo e con mellor forma.

Os lalinenses saíron dispostos a solucionar o encontro pola vía rápida grazas a unha primeira parte onde amosaron a súa fortaleza defensiva, o poder da súa altura combinado con algo de fortuna cara a porta dos Ártabros.

Co paso dos minutos, os Ártabros conseguiron asentarse no encontro grazas a aparición da media, cun grande partido de Julián e, sobre todo, Róber que a pesar de ser debutante, estáse a facer indispensable nos corvos das Mariñas.

Logo do descanso e cun marcador moi favorable, os lalinenses entregaron a pelota aos Ártabros, que souberon combinar o balón. Con todo, os Herdeiros de Dhais aproveitaron as contras para non deixar escapar o partido e xa o final, dous goles seguidos puxeron distancia no marcador: 7 – 25

Un resultado enganoso para as Ártabras

O marcador de hoxe no partido das Ártabras contra as Herdeiras de Dhais cumpre o tópico do engano: na teoría, o 0 – 25 final amosaría unha superioridade abafante das lalinenses sobre as Ártabras; mais na práctica, non foi tal.

Iso si: non foi o partido das pupilas de Vaamonde e Bechler que puxeron moita máis paixón e forza que acerto. E cando xogas contra as terceiras na táboa clasificatoria, que só perderon contra as líderes, Fillas de Breogán, iso acaba por se reflectir no resultado final.

Non o tiveron fácil, aínda así, as Herdeiras para conseguiren a vitoria nun partido que se definiu polo seu acerto na portería.

A vindeira semana, visita a Compostela

O vindeiro domingo 29, os Ártabros e Ártabras renderán visita aos composteláns de Estrela Vermelha, as mulleres a loitaren pola vitoria e os homes a facer un bo papel.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply