Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Pontevedra – Fill@s e Ártabr@s – Lalín, enfrontamentos esta semana para @s nos@s

A nova xornada na Liga Galega de Fútbol Gaélico, a cuarta na masculina e a quinta na feminina, depáranos catro interesantes partidos para os nosos equipos.

A xornada abrirana os Ártabros e ás Ártabras no seu duplo enfrontamento fronte aos dezáns de Herdeiros de Dhais. A cita será o sábado a partir das 14:00 na Cidade Deportiva da Torre.

Como xa é unha tónica ao longo do ano, os Ártabros chegarán con efectivos xustos ao enfrontamento cos lalinenses que, a pesar de amosaren un bo xogo, aínda non se veu correspondido no seu taboleiro. Os Herdeiros de Dhais virán á Coruña a sumaren os seus dous primeiros puntos mentres os Ártabros tentarán vender cara a súa derrota.

Pola súa banda, as Ártabras pelexarán por manter o bo momento que viven na Liga Galega de Fútbol Gaélico, logo da súa vitoria fronte ás viguesas de Keltoi e o bo papel que amosaron na Estrada fronte ás Irmandinhas. Con todo terán en fronte ás Herdeiras que, sendo novatas na competición, gozan dunha posición privilexiada e adoitan amosar unha grande competitividade.

Viaxe a Pontevedra dos Fillos e Fillas

Non hai descanso para as Fillas: despois de gañaren semana pasada na súa viaxe a Ourense, as de Iago Pedreira irán a Pontevedra para se enfrontaren ás que a día de hoxe son as rivais directas para se facer co título final.

As pontevedresas están a despregar un gran xogo con moitos recursos e lideran a clasificación xunto ás Fillas, contando os seus partidos por vitorias. Será, por tanto, un partido que decidirá en boa medida as aspiracións das Fillas de Breogán por revalidaren o título conseguido o ano pasado.

Pola súa banda, os Fillos viaxarán a Pontevedra para manteren a súa xeira de bos resultados e seguiren á fronte da táboa clasificatoria, coa vista posta no partido que o mesmo domingo se desputará en Santiago entre Estrela Vermelha e Irmandinhos.

 

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply