Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Os Fillos de Breogán, club con máis convocados aos adestramentos da Selección Galega

Os Fillos de Breogán rematamos o ano cunha boa nova: somos o club con máis convocados e convocadas aos adestramentos da Selección Galega de Fútbol Gaélico! En concreto, entre ambas as formacións sumamos 14 membros que foron chamados para os adestramentos previos ao partido coa Selección Francesa, que terá lugar o vindeiro 2017.

As convocatorias fórmanas oito Fillas de Breogán, Alba, Oli, Mery, Eva, Kamy, Toneti, Patri e Laura e mais Vero das Ártabras de Oleiros para a selección feminina, que estrea corpo técnico e que se adestrará o vindeiro martes 27 de decembro na Estrada.

Pola súa parte, Aro, Fariñas, Mejuto, Seijas e Alberto forman a representación breoganeira na formación masculina da Selección Galega de Fútbol Gaélico.

Esta convocatoria chegaron nun bo momento para o club, xa que o equipo feminino como o masculino dos Fillos de Breogán encabezan as respectivas táboas clasificatorias, ao tempo que as Ártabras van amosando progresión.

fillas_seleccion_galega

fillos_seleccion_galega

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply