Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Primeira vitoria para as Ártabras de Oleiros

As Ártabras de Oleiros conseguiron a súa primeira vitoria na Liga Galega de Fútbol Gaélico 2016-2017 nun desputadísismo encontro que tivo lugar esta mañá no Campo da Torre ante as viguesas de Keltoi FG.

As pupilas de Dani Vaamonde e Dani Bechler, souberon reaccionar ante as múltiplas baixas que contaban, ben por ausencia, ben por lesión, e conseguiron sumar os seus dous primeiros puntos grazas ao resultado final de 4-9 (21) fronte a 2-9 (15).

O partido axiña comezou a decantarse para as Ártabras, que souberon xogar a man e buscar o tiro a paus fronte a unhas viguesas que, a pesar de se manter afastadas da meta local, sacaban ouro de cada aproximación. De feito, a pesar de que a primeira parte se xogou en campo vigués, o empate a 1-4 figuraba no marcador ao remate dos primeiros 25 minutos.

Xa na reanudación, as viguesas puxéronse por enriba do marcador, pero as Ártabras non lle perderon a cara ao partido. Lonxe dixo, os goles de Iria, Isa e, sobre todo, de Aída desde medio campo déronlle a vitoria ás Ártabras nun partido que non se resolveu até o último minuto.

Con esta vitoria, as Ártabras demostran por fin cun bo resultado a melloría e progresión no seu xogo, froito do adestramento e do acoplamento das novas rapazas ao plantel.

Os próximos partidos, o 17

Os vindeiros partidos das Ártabras e dos Ártabros serán na tarde do sábado 17 de decembro na Estrada. Pola súa banda, aínda está por se confirmar o día do partido das Fillas e os Fillos que xogarán fronte a Lalín a vindeira xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply