Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

As Fillas e os Fillos de Breogán lévanse, con solvencia, os Derbis das Mariñas

As Fillas e os Fillos de Breogán leváronse, de xeito incontestable, os dous Derbis das Mariñas que se desputaron o mediodía do domingo na Cidade Deportiva da Torre fronte aos Ártabros de Oleiros. Estas dúas vitorias confirman o bo inicio de temporada das breoganeiras e os breoganeiros na Liga Galega de Fútbol Gaélico, situándonos nos primeiros postos das táboas clasficatorias.

O primeiro partido en se desputar foi as Ártabras fronte as Fillas de Breogán. Aínda que había baixas notables en cada un dos planteis, as Ártabras chegaron máis mermadas ao partido ao non poder gozar de ningún cambio.

As Fillas de Breogán comezaron con certa cautela e pausa o encontro, buscando o pase a mans e o disparo certero a paus das súas dianteiras e meio-dianteiras. Conforme pasaban os minutos, as Fillas de Breogán foron sacudíndose a presión das Ártabras, que pese o marcador, non deixaron de loitar cada lance do encontro.

Co paso dos minutos, a ausencia de cambios e a superioridade das Fillas de Breogán fixéronse cada vez máis notables, tal como reflicte o contundente marcador final:
Artabras 0-0 Fillas 7-23 (44)

Os Fillos, no bo camiño

Pola súa banda, os Fillos de Breogán queren manter a súa candidatura ao título masculino e así o demostraron cunha vitoria con solvencia no Derbi das Mariñas, Fillos 7-20 (41) Artabros 0-04 (4).

Con todo, o resultado foi enganoso: os Ártabros non lle perderon o pulso ao partido ata os últimos minutos e por momentos demostraon calidade e maneiras. De feito, ao descanso o marcador amosaba un 14-4 para os breoganeiros que non convidaba á relaxación.

De feito, na segunda parte do partido, os Fillos saíron moito máis conectados e con ganas de sentenciar o partido canto antes. A pesar da resistencia inicial dos Ártabros, que conservaron as posicións, o bo facer dos Fillos, a súa insistencia e o seu xogo ordenado acabaron por impoñerse.

Próximos partidos

A vindeira xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico para as Ártabras será o 10 de decembro no Campo da Torre fronte as viguesas de Keltoi. Xa para o 17, os Fillos e as Fillas recibirán na Coruña aos Herdeiros de Dhais de Lalín, mentres que os Ártabros e ás Ártabras viaxarán á Estrada para se enfrontaren a outro dos candidatos á Liga, os Irmandinhos.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply