Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Un Derbi das Mariñas de primeira: Ártabr@s – Fill@s

O Derbi das Mariñas masculino volve á máxima competición da Liga Galega de Fútbol Gaélico tras a paréntese do ano pasado. Este domingo, o Campo Municipal da Torre acollerá o partido entre as Ártabras e os Ártabros fronte ás Fillas e os Fillos nunha nova xornada ligueira. A cita comezará ás 14:00 horas co partido feminino e continuará ás 15:00 co enfrontamento masculino.

Ambos os partidos desputaranse con baixas significativas. As Fillas de Breogán tentarán manterse na boa onda collida a temporada pasada para pórse nos lugares máis altos da táboa clasificatoria, mentres as Ártabras loitarán para repoñérense das baixas da semana pasada e non perderlle o pulso ao partido.

Pola súa banda, os Fillos de Breogán queren manter a racha comezada a semana pasada coa merecidísima e loitada vitoria ante Estrela Vermelha e seguir no máis alto da clasificación fronte a uns Átrabros que nunca o poñen nada doado neste tipo de enfrontamentos.

A mellor forma de gozar do gaélico na Coruña e nas Mariñas será este domingo. Contamos contigo!

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply