Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Debut na casa con derrota para as e os Ártabros de Oleiros

O agardado debut das e dos Ártabros de Oleiros na Liga Galega de Fútbol Gaélico saldouse con dúas duras derrotas fronte a Pontevedra FG en senllos partidos que tiveron máis ganas que xogo por parte dos corvos das Mariñas.

As primeiras en entreárense no Campo Municipal da Torre foron as Ártabras, que perderon por un 0-3 (3) fronte a 6-20 (38) das Pontevedresas nun partido onde o máis duro non foi o resultado. As xogadoras Mar e Carmen tiveron problemas físicos, esta última no ombreiro e a primeira coa rotura do dedo índice da man esquerda.

De todos os xeitos, o partido xogado polas pupilas de Dani Vaamonde foi máis desputado do que o marcador reflicte, mais as ganas non surtiron o seu efecto no resultado final dun partido que de comezo a fin foi dominado por Pontevedra.

Malogrado debut dos Ártabros

Parello foi o partido xogados polos Ártabros onde o claro dominador foi, de comezo a fin, un Pontevedra FG máis rodado e con máis experiencia na Primeira División da Liga Galega de Fútbol Gaélico.

Xa desde o primeiro minuto os pontevedreses puxeron distancia no marcador cun gol que supuxo un mazazo para os corvos das Mariñas. A partir de aí, co marcador a favor, os da cidade do Lérez souberon xogar coa ansiedade dos Ártabros e fixéronse co partido ao saberen dominar o xogo a man e o xogo en equipo.

O resultado final, 3-2 (11) fronte a 8-13 (37) demostra a clara inferioridade dos Ártabros que, con todo, tiveron bos momentos de xogo e mesmo de dominio que non se materializaba no marcador.

O vindeiro partido de liga, tanto para o masculino como o feminino será o 17 de decembro ante un duro rival, os Irmandinhos na Estrada.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply