Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

As Ártabras estréanse na Liga Galega 2016/2017

Ás Ártabras de Oleiros tiveron a honra de estrearen, por fin, a competición dos equipos dos Fillos de Breogán na Liga Galega de Fútbol Gaélico. Fixérono o domingo 20 de novembro en terras ourensás fronte a Auriense FG.

Malia as ganas amosadas polas pupilas de Dani Vaamonde, adestrador desta temporada das Ártabras, as nosas non puideron traer os dous puntos e perderon por 18-9. Logo dun comezo con algunhas dúbidas dado as caras novas que compoñen este ano o plantel, as Ártabras foron asentándose paseniño no partido. Con todo, e a pesar do empurrón final, non puideron reverter o marcador.

O vindeiro partido das Ártabras será, posiblemente, o sábado 26 de novembro fronte as de Pontevedra FG, a partir das 13:00 horas no Campo da Torre.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply