Deprecated: __autoload() is deprecated, use spl_autoload_register() instead in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/compat.php on line 502 Deprecated: Function create_function() is deprecated in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/pomo/translations.php on line 208 Fillos de Breogán » Comunicado sobre o inicio de Liga Galega de Fútbol Gaélico

Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Comunicado sobre o inicio de Liga Galega de Fútbol Gaélico

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico publicou onte o seguinte comunicado a respecto do inicio da Liga Galega de Fútbol Gaélico 2016/2017 que difundimos a través da nosa páxina

Comunicado

Sentimos ter que anunciar que a Liga Galega de fútbol gaélico tense que suspender de forma indefinida.

A obrigatoriedade, promovida pola modificación da Lei do Deporte Galego, de dispor dun seguro de accidentes deportivo para todas as competicións deportivas, calquera que fose o seu ámbito, está a complicar o inicio da Liga. Este é un problema que non afecta só ao noso deporte, pero o seu pouco coñecemento público está a dificultar a resolución deste problema.

Sentimos profundamente os problemas que isto está a ocasionar tanto aos clubes afiliados á Asociación como aos siareiros. Estamos traballando duramente para atopar unha solución o antes posible e retomar a normalidade, pero, dende a responsabilidade, vémonos forzados a tomar esta medida.comunicado

Leave a Reply