Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Un derbi para comezar a Liga Galega de Fútbol Gaélico 2016/2017

A Liga Galega de Fútbol Gaélico volve a escena un ano máis e non pode comezar de mellor xeito: o regreso do Derbi das Mariñas á máxima categoría tras o ascenso directo de Ártabros como campión de segunda división a temporada pasada.

Será ademais un derbi cun sabor festa xa que cadra coas celebracións do equipo oleirense polo seu quinto aniversario e rememora ese primeiro partido dos Corvos da Mariñas fronte os Fillos e que foi no primeiro partido de fútbol gaélico entre dous equipos galegos que se xogou na historia e que nesa ocasión saldouse cun empate.

Moito mudaron as cousas desde aquela pero os dous equipos das Mariñas seguen a ser referencia do fútbol gaélico no país e iso verase reflectido no campo de xogo este sábado onde Ártabros aposta pola continuidade no banco de Javi Casal e Sebas Pan e cun equipo ben torneado e con moito oficio, Fillos estrea dupla no banco, Dani Vázquez asume as responsabilidades como adestrador-xogador mentres Pedro Villarino faralle o soporte técnico dende o banco como segundo adestrador. A nivel deportivo Fillos chega cun equipo xa moldeado dende o ano pasado no que ten que axustar as novas incorporacións para demostrar todo o potencial que se presupón.

Agardase un partido intenso e moi táctico, coas emocións a flor de pel e que decidirán detalles.

As Fillas, na procura de revalidar o éxtito do ano pasado

Na Liga Feminina tamén chega un novo derbi, con troco nas banquetas nos dous equipos, Iago Pedreira no de Fillas e Dani Vaamonde e Dani Bechler no de Ártabras. Fillas buscará seguir coa xeira de bos resultados que tivo o ano pasado tras gañar 7 títulos entre eles Liga galega, Copa Asociación, Champions Leage e Liga Ibérica.

Este ano afróntano cun moi renovado, ao igual que Ártabras. O equipo oleirense quere seguir coa notable melloría de final de campaña e loitar por cotas máis altas.

fillos-artabros-2

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply