Deprecated: Function create_function() is deprecated in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/pomo/translations.php on line 208 Fillos de Breogán » @s Fill@s buscámoste: vés ao Curso de Fútbol Gaélico da UDC?

Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

@s Fill@s buscámoste: vés ao Curso de Fútbol Gaélico da UDC?

Queres coñecer o deporte de moda en Galicia e, sobre todo, de te divertires mentres te pos en forma?

Non o dubides: chega, máis un ano, o Curso de Fútbol Gaélico na Universidade da Coruña e xa está aberta a inscrición na páxina deportes.udc.gal.

Buscamos xente coma ti: con ganas de pasalo ben e que teña as tardes dos luns libre: o curso é de 10 horas de duración e impartiranse os días 13, 20 e 27 de abril e o 4 e mais o 11 de maio, entre as 19 e as 21 horas no Estadio de Elviña.

Non o dubides e acUde: non te imos desfraudar 🙂

Leave a Reply