Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Para clásico deste sábado, os Irmandinhos vs Fillos de Breogán

Nun fin de semana marcado pola gran festa do fútbol galego, o derbi Dépor ­Celta en Riazor, o fútbol gaélico xógase o seu particular derbi. Os dous clubes máis vellos do fútbol gaélico galego veranse as caras este sábado: o decano, Fillos de Breogán da Coruña visitará aos Irmandinhos da Estrada nun duplo enfrontamento das escadras femininas e masculinas de ditos clubes con moito en xogo. A lenda medra e os Inhos-Fillos prometen ser os Celta-Dépor deste deporte.

Co liderado na cabeza

A visita de Fillas ao campo das estradenses será coa primeira praza da liga en mente. E para iso non só teñen que derrotar ás Irmandinhas, senón que terán que facelo por máis de 12 puntos. A tarefa de partida semella complicada mais que as de Bieito Landeira afrontan esperanzadas logo da boa xeira de resultados e xogo obtidos nas últimas xornadas.

Fillos, a desmarcarse do seu inmediato perseguidor

Os breoganeiros buscan desmarcarse na segunda praza do campionato e postularse como únicos candidatos para desputarlle o título ligueiro aos Estrela Vermelha de Compostela. Mais para iso terán que enfrontarse a un duro opoñente nun partido que xa é por dereito propio o clásico do fútbol gaélico galego, os Irmandinhos da Estrada.

Nun partido que promete reunir todos os condicionantes das grandes citas, os Fillos queren dar un golpe na mesa e postularse como serio candidato a gañar a liga, pero os Inhos non queren perder o último tren que lles engancharía na loita pola liga.

Ártabros viaxa a Vigo coa obriga de gañar

E cousas do destino, outro enfrontamento con ar de derbi asómase no panorama gaélico. O equipo oleirenses desprázase até Mos pra xogar o seu particular derbi co equipo vigués. E non é un duelo exento do clásico morbo que existe sempre que se miden dous equipos da Coruña e de Vigo, tamén os dous equipos xóganse moito.

Os vigueses, coa etiqueta de equipo que aínda non gañou ningún partido na liga tentará poñer as cousas difíciles aos Ártabros, que gañaron o seu único partido precisamente aos UVigo. E é que os dous equipos equipos precisan esta vitoria como o respirar, e deseguro que esto reflectirase cun intenso duelo no rectángulo de xogo.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply