Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Os elementos e Pontevedra FG non puideron coas e cos Fillos de Breogán

A visita do Pontevedra FG ás terras herculinas saldouse cunha dupla vitoria dos Fillos e das Fillas de Breogán: 51 – 12 para o plantel feminino mentres que no masculino o taboleiro final foi de 31 – 7.

Ambos os conxuntos camiñan firme na segunda volta da Liga Galega de Fútbol Gaélico, e con estas dúas vitorias aséntase nos segundos postos da táboa clasificatoria.

Non foron dous encontros doados para as Fillas e os Fillos de Breogán, xa que para alén dun rival en progresión e asentamento, houbo na Cidade Deportiva da Torre de Hércules un convidado que complicou moito o xogo: a meteoroloxía.

A chuvia, a saraiba e, sobre todo, o forte vento condicionaron os partidos de comezo a fin. Os Fillos comezaron o partido como a temperatura e a pesar de se adiantar no marcador, Pontevedra púxose 1-3 nos primeiros intres grazas a un dubidoso penalti.

O gol de Pontevedra implicou a reacción inmediata dos Fillos de Breogán que aproveitaron xogar co vento a favor para, pouco a pouco, marcar o ritmo do partido e tomar distancias no marcador. Ao remate do primeiro período, a diferenza xa era de 18 para os Fillos fronte aos 4 dos pontevedreses.

Na segunda parte, e co vento en contra, os Fillos saíron decididos a marcaren diferenzas cedo e a mover o balón coa man, con pases curtos e xogadas longas para adurmecer o partido. A táctica saíulles á perfección pois Pontevedra só puido achegarse con tímidas incursións e lanzamentos en longo ou a paus.

A vitoria dos Fillos, por 31 (5-16) a 7 (1-4) afianza na segunda posición aos breoganeiros. O seguinte partido será a vindeira semana, na Torre, fronte aos Braithreachas da Estrada

Nova vitoria contundente das Fillas

Pola súa banda, as Fillas de Breogán non deron ningunha opción ás pontevedresas. O resultado final, 51 a 12 reafirma ao plantel dirixido por Bieito na segunda posición da táboa clasificatoria fronte a unhas intratábeis líderes, as Irmandinhas da Estrada.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply