Deprecated: __autoload() is deprecated, use spl_autoload_register() instead in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/compat.php on line 502 Deprecated: Function create_function() is deprecated in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/pomo/translations.php on line 208 Fillos de Breogán » A Selección Galega de Fútbol Gaélico estará no Campionato do Mundo!

Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

A Selección Galega de Fútbol Gaélico estará no Campionato do Mundo!

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico anunciou hai só uns días a que será a nova do ano 2015 do noso deporte: a Selección Galega de Fútbol Gaélico estará no Campionado do Mundo!. A cita terá lugar en Abu Dabi entre os días 5 e 8 de marzo de 2015.

Segundo informan na Asociación Galega de Fútbol Gaélico nun comunicado, o Campionato do Mundo contará coa participación de seleccións dos 5 continentes na modalidade masculina. Haberá dous grupos, un primeiro formado polos equipos campións das diferentes confederacións mundiais; e un segundo con seleccións nacionais, onde figurarán os nosos xunto á de Arxentina, Surafrica, e o Golfo Pérsico ao que se poderán engadir as seleccións de Italia, Francia e India no caso de confirmaren a súa presenza.

Na súa versión femeinina, haberá un único equipo que englobe tanto as campioas como o resto de seleccións.

O Campionato do Mundo de Fútbol Gaélico trátase da primeira competición a nivel internacional que se disputa da nosa modalidade nos seus 130 anos de historia e a presenza da nosa selección supón un éxito enorme da Asociación e de todos os clubes que a formamos.

Dado o custo de desprazamento e de aloxamento, a Asociación Galega de Fútbol Gaélico anunciará en vindeiras datas diferentes iniciativas e actividades para recadar fondos e convidan a empresas públicas e empresas a colaborar nesta cita histórica: a presenza por vez primeira da nosa selección nunha competición internacional.

Leave a Reply