Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

As Fillas e os Fillos de Breogán volven en Pontevedra á competición

­As Fillas e os Fillons de Breogán afrontan a súa volta á Liga Galega de Fútbol Gaélico no sempre complicado feudo do Pontevedra FG. No horizonte do equipo masculino, a esperanza posta en traer os dous puntos para A Coruña e aproveitar así o enfrontamento entre nesta xornada entre Irmandinhos e Estrela Vermelha, terceiro e primeiro clasificado respectivamente.

Mais, para que todo saia ben, primeiro terá que facerse coa vitoria contra un equipo complicado como é o Pontevedra FG. O encontro prevese moi desputado, cun dominio do físico sobre outras facetas do xogo. As medias do campo terán moito que dicir no Campo da Lama e as dianteiras terán que aproveitar as ocasións que teñan para sumar tres puntos xa que o xogo se centrará nos tiros a paus.

Quen domine esta sorte, será quen se levar o partido ao seu taboleiro.

As Fillas de Breogán, a continuaren co seu camiño

Pola súa banda, as Fillas de Breogán veranse as caras cun rival en principio asequíbel. Con todo, as baixas cos que se desprazan a Pontevedra igualarán de partida a contenda.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply