Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Operación Quilo 2014. Quilabora!

Un ano máis, as Fillas e os Fillos de Breogán e os Ártabros de Oleiros queremos volver colaborar coa campaña de Recollida de Alimentos que diferentes organizacións están desenvolvendo na cidade da Coruña.

Sabedores das dificultades que están a pasar moitas familias das nosas cidades, o vindeiro domingo 14 de decembro enfróntaremonos nun partido ben especial para nós na Cidade Deportiva da Torre a partir das 14:00 horas.

Todas e todos aqueles que queirades estades convidados a vivir o derbi das Mariñas solidario. Só tes que vir á Torre de gozar deste amigábel e facer a túa achega: válenos calquera cousa, por moi pequena que sexa, sempre que sexan alimentos non perecedoiros.

A túa axuda é sempre benvida. Quilabora!

operacion_quilabora

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply