Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Os Fillos de Breogán fanse con derbi das Mariñas

Os Fillos de Breogán fixéronse co derbi das Mariñas ante os Ártabros de Oleiros nun partido máis desputado do que o marcador reflectiu ao final dos 60 minutos: 0-5 (5) dos oleirenses fronte 6-9 (27) dos herculinos.

O partido comezou co xogo posicionado por parte de ambos planteis e tivo que agardase ata a reanudación para que comezase a definirse o resultado final.

Nunha primeira parte de baixa intensidade, os Fillos de Breogán dedicáronse a ataques estáticos e probar cos tiros a paus mentres gardaban as costas. Pola súa banda, os Ártabros de Oleiros, ben armados en defensa e rápidos en ataque, agardaban atrás para aproveitar as súas ocasións.

Con todo, os Fillos fixeron valer a súa experiencia na liga para poñerse pouco a pouco por diante no marcador pero sen acadar grandes distancias. De feito, foron varias as ocasións que tiveron os Ártabros para chegar ao remate dos primeiros 30 minutos mellor posicionados que o 0-2 contra o 0-5 que reflectía.

A segunda parte comezou cuns Ártabros coa portería rival como único obxectivo pero cuns Fillos que, sen perder a cabeza, mantiveron a calma para aguantar o empuxe inical. Tras varias ocasións que non tiveron o seu obxectivo, os Fillos retomaron o mando do encontro: cun xogo rápido, ben posicionado e con algo de fortuna, conseguiron abrir distancias no marcador ata que aos Ártabros non lles quedou máis que fiar todo ao ataque.

Foi neste momento en que os herculinos levaron o encontro ao seu terreo, abriron distancias e controlaron os 20 minutos finais sen correren riscos atrás.

As Fillas de Breogán, imparábeis

IMG-20141129-WA0024

As Fillas de Breogán continúan a súa andaina imparárabel na Liga Feminina e acadaron a súa cuarta vitoria consecutiva. Desta ves, foron as integrantes de Auriense FG as que non puideron facer nada contra as herculinas.

O resultado final amosa, máis unha vez, a súa superioridade: 3-42. Con esta vitoria, as Fillas de Breogán colócanse segundas na clasificación empatadas a puntos coas líderes, as Irmandinhas da Estrada.

Descanso para os Fillos e viaxe á Estrada dos Ártabros

Na vindeira xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico, os Ártabros visitarán A Estrada o vindeiro 13 de decembro para enfrontárense aos Bráithreachas, un rival directo na loita pola permanencia.

Pola súa banda, os Fillos e mais as Fillas de Breogán descansarán ata o día 20 en que visitarán Pontevedra.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply