Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Chegou o día do Derbi das Mariñas

Chegou o día e chegou o que será a romaría do Fútbol Gaélico na comarca das Mariñas: o agardado primeiro derbi desta temporada entre os Fillos de Breogán e os Ártabros de Oleiros, que se xogará o sábado 29 a partir das 14 horas na Cidade Deportiva da Torre de Hércules.

O Derbi das Mariñas é xa todo un clásico no fútbol gaélico galego xa que son osdous equipos precursores deste deporte no noso país.

Con todo, non será un partido fácil para ningún dos dous equipos, dadas as importantes baixas coas que contan.

Os dous planteis, ademais, xóganse moito cara á Liga o que subirá a emoción do encontro. Os Ártabros precisan unha vitoria para non verse afundidos na táboa clasificatoria, mentres os Fillos de Breogán queren sumar dous puntos para non perder o pulso da competición fronte Estrela Vermelha e os Irmandinhos da Estrada.

As Fillas, contra as debutantes Auriense FG

Pola súa banta, as Fillas de Breogán loitarán pola súa cuarta vitoria consecutiva contra unha das novidades na liga feminina deste ano, as Auriense FG.

O de Ourense non será un partido doado para as Fillas: situadas cuartas na clasificación, conta cunha soa derrota e con moi poucos puntos na súa contra, polo que o plantel dirixido por Bieito Landeira terá que entregarse para voltar cos 2 puntos.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply