Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Cara para as Fillas, cruz para os Fillos de Breogán

O duplo enfrontamento entre as Fillas e os Fillos de Breogán fronte a Estrela Vermelha FG saldouse con sorte dispar: mentres as Fillas conseguiron o seu terceiro triunfo consecutivo, os Fillos colleitaron a súa primeira derrota na temporada da Liga Galega de Fútbol Gaélico.

As Fillas continúan con paso firme

A xornada abríase cun Fillas vs Estrela no que se xogaba o segundo posto na liga eaguantar co tirón frenético que están a meter na liga as Irmandinhas da Estrada.

Oencontro comezou cun dominio apabullante das coruñesas que chegaron a distanciarsede 8 puntos, mais as compostelás acadaron recurtar distancias e chegaron ao descanso a só un punto das herculinas (10­9).

Unha vez reanudo o xogo Fillasconseguiu facerse co mando do partido e as rapazas de Bieito demostraron a súa experiencia e xa non deron opcións as picheleiras as que remataron por vencer por 6 puntos de diferencia (25­-19).

Os Fillos perden nun partido ao máis puro estilo irlandés

O encontro entre o líder e vixente campión da Liga Galega de Fútbol Gaélico, o Estrela Vermelha FG, e os Fillos de Breogán, aventurábase igualado e duro e non defraudou aos máis de cen espectadores que se deron cita na Cidade Deportiva da Torre na Coruña.

Foi un partido onde as defensas tiveron moito que dicir desde o primeiro momento e que se decidiu pola contundencia e intensidade que estas amosaron durante todo o encontro, sen apenas concesións aos rivais.

Xa desde o asubío inicial viuse que o encontro ía decidirse por pequenas individualidades. Os Fillos quixeron facerse co mando do partido con diversos tiros a paus feitos por Caolan Mac Coiti na súa estrea da temporada, que de seguido foron contrarrestados polo 11 de Estrela Vermelha. Cando semellaba que se ía chegar ao descanso con igualdade no marcador, unha xogada individual de Rubén Leborán, máximo anotador da Liga, rematou con gol que adiantaba ao seu equipo 4-7.

Á volta do descanso, os Fillos regresaron con unha idea na cabeza: manter a solidez defensiva e tentar aproveitar as ocasións que puidesen xurdir. Do primeiro fala que ata o minuto 20 da reanudación, Estrela seguía cos 7 puntos nos marcador. En canto a segunda, a grande oportunidade chegou a través dun penalti que saíu fóra.

Isto último, a fortaleza de Estrela e unha vez máis, a actuación do seu porteiro conseguiron que os composteláns chegasen á recta final do encontro por riba do marcador. Cuns Fillos volgados na portería rival, os contragolpes foron letais e acabaron por inclinar a balanza por un 6-10 final.

o derbi das Mariñas será o vindeiro sábado

Fillos queda así segundo na liga a 2 puntos de Estrela Vermella de Compostela e xógase o vindeiro sábado no derbi das Mariñas fronte Ártabros de Oleiros seguir mantendo o pulso da liga aos picheleiros.

Pola súa banda Fillas visita o campo das Aurienses de Ourense para tentar seguir coa xeira gañadora e conservar a segunda praza.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply