Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Fin de semana viaxeira para os Ártabros, as Fillas e os Fillos de Breogán

Volta a Liga Galega de Fútbol Galego para os equipos da comarca das Mariñas. O sábado tócalle a quenda as Fillas e os Fillos de Breogán que se medirán ao Mecos FG Ogrobe.

O partido para as Fillas presentaselle como unha boa oportunidade paradar un golpe na mesa e expoñer as súas credenciais polo título que lle quere disputar a unhas imparables Irmandinhas d’A Estrada.

Pola súa banda, os Fillos xogarán un duro partido contra un rival moi complicado e que xa demostrou a súa perigosidade en encontros pasados, sobre todo polo seu potencial no medio do campo e na media dianteira. Fillos queren regresar á Coruña cunha vitoria no peto para seguir á fronte da clasificación que comparte con Estrela Vermelha de Compostela.

Por último, a Compostela viaxan os Ártabros o domingo para tentar facerlle un favor aos Fillos e regresar cun resultado positivo do campo do Sergas. Pero para iso ten en fronte a todo un Estrela Vermelha, campión de Liga e Copa na campaña pasada, e que non lle porá as cousas nada doadas aos oleirenses.

Clasificacións

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply