Deprecated: __autoload() is deprecated, use spl_autoload_register() instead in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/compat.php on line 502 Deprecated: Function create_function() is deprecated in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/pomo/translations.php on line 208 Fillos de Breogán » Os Ártabros de Oleiros, a afianzar o seu gran comezo

Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Os Ártabros de Oleiros, a afianzar o seu gran comezo

Logo de ter gañado no seu primeiro partido de liga a UVigo, Ártabros de Oleiros terán unha boa oportunidade de mostrar o seu potencial fronte un rival de máis entidade, o Pontevedra FG.

Os da cidade do Lerez, que rematoron de últimos a anterior campaña, veñen de demostrar ao longo dos torneos e amigables un gran salto de nivel, e que posúen un gran potencial para facer grandes cousas na liga e ao longo da campaña.

Os Ártabros de Oleiros procurarán afianzarse na vitoria e loitar por estar o máis arriba posible. Para iso está a facer un bo traballo o seu adestrados, Iago Pedreira, que está a aclopar a cada xogador no seu posto incidindo nas marcas individuais pero cunha gran axuda colectiva nas coberturas e nos apios.

A cita non a perdades: será o vindeiro sábado 8 de novembro ás 14:30 na Cidade Deportiva da Torre de Hércules.

Leave a Reply