Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Estrea con grande vitoria dos Ártabros de Oleiros

Rubén Garcia, máximo goleador do partido

Rubén Garcia, máximo goleador do partido

Os Ártabros de Oleiros debutaron non só con bo pé na Liga Galega de Fútbol Gaélico senón que disiparon as dúbidas con que afrontaban o seu primeiro partido. O marcador final, un contundente 9-­15 (42) a 4-­5 (17) fronte á Universidade de Vigo deixa claro o dominio dos oleirenses no terreo de xogo.

Presentábase como un partido cheo de dúbidas para os oleirenses xa que este ano conta cun plantel con moitas novas incorporacións. Con todo, tanto as novas caras como os xa veteráns xogadores responderon con creces nun primeiro partido de Liga contra un debutante Vigo que non se puido adaptar ao ritmo que someteu ao partido os Ártabros logo de recibir un gol en contra nos primeiros compases do partido.

Cómpre destacar as actuacións dun dos veteráns dos oleirenses, Ruben García, cunha puntuación de 4/7 (19) que o coloca xa no segundo posto da taboa goleadora da Liga Galega de Fútbol Gaélico, e tamén a do debutante Juan Fariñas con 2­-2 (8) que tivo unha actuación máis que salientable.

Vindeiro compromiso ligueiro

O próximo compromiso para Ártabros será o vindeiro sábado 8 ás 14:30 na Cidade Deportiva da Torre de Hércules contra un sempre complicado Pontevedra FG.

Vídeo resumo do encontro

Galería de imaxes

  • Resumo Ártabros de Oleiros vs UVigo
  • Estrea ligueira de Ártabros de Oleiros
  • El Ártabros se estrena en la Liga ante el Vigo – La Opinión
Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply