Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Pat Spillane e Colm Cooper son tamén Fillos de Breogán!

Dúas grandes persoas acaban de recibir o seu carné que os acredita como socio amigo, uníndoos á grande familia que formamos as Fillas e Fillos de Breogán. E para deixar constancia deste feito, quixeron enviarnos unhas palabras de agradecemento e de apoio. Eles son, nada máis e nada menos que Pat Spillane e Colm Cooper, dúas persoas que son sinónimas de Fútbol Gaélico con maiúsculas.

Pat Spillane

Spillane_Pat_1982

Pat Spillane (nado en 1955) actualmente é comentarista deportivo pero sobre todo está considerado un dos máis grandes xogadores de fútbol gaélico de todos os tempos, unha auténtica lenda vida do noso deporte. Xogou en Templenoe e foi membro do equipo do condado de Kerry desde 1975 a 1991. A súa brilante carreira contempla até 9 GAA GPA All Stars Awards, un feito que ningunha outra persoa chegou igualar.

Colm Cooper

Kerry v Limerick - Munster GAA Football Senior Championship Final

O noso segundo novo socio amigo non se queda atrás. Se Pat Spillane é unha lenda viva, Colm Cooper é unha das estrelas actuais do fútbol gaélico. Nado en 1983, xoga para Dr. Crokes e desde 2002 é a indiscutible figura do condado de Kerry. O seu palmarés impresiona: 4 All-Irelands, 7 títulos de Munster e 4 NFL a título colectivo e 8 All Stars a título individual. Nada menos.

Desde as Fillas de os Fillos de Breogán estamos inmensamente orgullosos e eternamente agradecidos de contar con Pat Spillane e Colm Cooper entre as nosas ringleiras. Mil grazas!

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply