Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros
Fillos de Breogán

Nova xornada para as Fillas e Fillos de Breogán

As Fillas e os Fillos de Breogán volven esta fin de semana á competición. A cita será este sábado 25 de outubro nas terras do Deza para desputar contra os Braithreachas da Estrada o segundo partido da Liga Galega de fútbol Gaélico no campo da Baiuca.

As Fillas serán as encargadas de abrir a xornada de fútbol gaélico ás 16h co obxectivo de resarcirse cunha vitoria da dorosa derrota que sofriron na da otra equipa da Estrada e actuais campioas da Liga, as Irmandinhas.

As Fillas de Breogán, que comezaronn a Liga Galega de Fútbol Gaélico cunha equipa con moitas xogadoras novas, tentarán neste encontro ir asentando o seu estilo e acoplar as novas xogadoras dentro dunha escadra xa formada doutrosanos, traballo que corresponde a Bieito Landeira que tamén se estrea esta tempada como adiestrador Fillas.

Os Fillos de Breogán, a pola segunda vitoria

Pola súa banda, os rapaces adestrados por Sebas Pan tentarán seguir coa súa xeira vencedora fronte Braithreachas tras gañar no primeiro partido de Liga aos tamén estradense Irmandinhos, serio candidato a facerse co título ligueiro, e así manter a sus posición na cabeza da taboa.

O partido de Fillos será a continuación do da Liga Femenina, ás 17h.

Os Ártabros de Oleiros estrearanse o videiro 1 de novembro

O partido que debía desputar Ártabros de Oleiros fronte o Universidade de Vigo foi adiado para o día 1 de novembro.

Campo municipal da Baiúca, A Estrada

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply