Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Liga Galega. Fillos – Irmandinhos

No que se está a conveter nun clásico do gaélico galego, as Irmandinhas e Irmandinhos de A Estrada visitaban A Coruña para disputar unha nova xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico.

En primeiro lugar disputouse o Fillas – Irmandinhas coa disputa do liderato da Liga en xogo. As nosas rapazas contaban con notables baixas para un encontro desta entidade, pero aínda así loitaron como de costume polo encontro. Isto non foi suficiente para manter a raia a unhas Irmandinhas que querían amosar o porqué da súa final no recente torneo de Barcelona. O ritmo de xogo das estradenses era moi superior ó das nosas rapazas e rápidamente colleron ventaxa no marcador. Ó descanso 11-3 a prol das Irmandinhas.

A segunda metade sigueu a mesma tónica. Rápidas contras ante as que as Fillas pouco podían facer, supuxeron que a diferencia no marcador fose máis grande ó final da segunda metade. Nin a nosa pequena mellora na faceta ofensiva sirveu para complicarlle a vida ás de A Estrada.

Resultado Final: A Coruña Fillas de Breogán 02-03(9) – Irmandinhas A Estrada 08-05(29)

A Xornada continuaba co Fillos-Irmandinhos. Xa se pode considerar un clásico na nosa terra e non defraudou especialmente na primeira metade. Os Fillos sairon mentalizados da importancia do encontro e por iso tomaron a iniciativa dende o principio, adiantándose no marcador e non deixando sair cómodamente aos Irmandinhos. Aínda así os de A Estrada xogaban moi ben a súa baza de Chovi en ataque e os blanquiazúis sufrían para frenalo. Isto supuxo que en tempo de descanso os coruñeses chegasen só 4 abaixo no marcador, aínda que coa sensación de que o encontro estaba igualado e que podería caer para calquera dos dous bandos.

Con esa idea se chegou á segunda metade. Nela os Irmandinhos fixeron que a diferencia no marcador se multiplicase aproveitando os penalties que dispuxo ó seu favor e xogando de forma cómoda ante unhos Fillos que se foron do encontro por múltiples factores. O resultado final quizáis sexa moi abultado para a igualdade que se viveu no encontro e fai que os nosos só podan aspirar a unha terceira plaza final na I Liga Galega e que se xogará ante os Mecos de O’Grobe.

A Coruña Fillos de Breogán 02-06 (12) – Irmandinhos A Estrada 06-07(25)

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply